miércoles, 22 de diciembre de 2010

Cormoranes e biólogos



Recentemente andei a buscar información sobre o cormorán grande, un paxaro cada vez máis habitual nos nosos ríos, e que se alimenta case exclusivamente de peixes, pola contra cada vez máis escasos...
A sorpresa leveina cando vin a seguinte noticia:


O señor Jesús Latas, biólogo da Xunta e principal responsable dos traballos de recuperación do salmón atlántico nos ríos da provincia de Lugo, non dubida en sentenciar que o cormorán non lle afecta para nada ás poblacións de salmón porque, según el, “cando o cormorán está aquí, o salmón está no mar”. INCRIBLE

Francamente nunca me imaxinei a un cormorán papando un salmón de oito ou nove quilos, máis ben imaxínoo (e véxoo no río) poñéndose morado de troitas, panchos, e alevíns e pintos de reo e salmón, que lle son moito máis fáciles de cazar (perdón, pescar) que un salmón adulto. Claro que eu non son biólogo, nin “técnico cualificado” para falar destas cousas, ou sexa que non teño nin puta idea... Pero o que sí que fago é andar polo río, non tanto como me gustaría, pero está claro que ando polo río moito máis que estes técnicos cualificados do carallo. E os que habitualmente paseamos polo Xuvia podemos “disfrutar” da presencia do cormorán grande durante todo o ano (sí Sr. Latas, durante TÓDOLOS MESES DO ANO), e podemos comprobar in situ que este animaliño non respeta nin vedas, nin cupos, nin tallas, nin creo que se pare a diferenciar entre troitas e pintos de salmón.
Claro que os que non somos biólogos non temos nin puta idea, en fin... ASÍ NOS VAI.


lunes, 20 de diciembre de 2010

¡Bo nadal!


Felices festas a todos, tede coidado coas copas (ou mellor non, que senón non ten chiste), e que vos traian moitas cousas os "tres labancos magos"...jejej.
Eu este ano xa sei o que lles vou pedir, espero que mo traian en maio, e non é outra cousa que o labanco que falta no noso palmarés, ese soñado salmón que se nos resiste ano tras ano... Desde logo, se cae este ano coa merda de cotos que imos coller, sen dúbida será gracias ós tres labancos magos.
Pois iso, bo nadal, feliz 2011 e, sobre todo, moi boa pesca!

jueves, 16 de diciembre de 2010

Posta en marcha

Ola a todos, aquí comeza a andadura deste blog, onde poderemos comentar calquera cousa que sexa do noso interese, pero principalmente relacionado co mundo da pesca.

Para ir abrindo boca, imos facer un pequeno concurso:
¿Vedes a foto de cabeceira da páxina? Pois os que acertedes a especie do peixe, o río e a zona na que foi sacada a foto, entraredes no sorteo dun prototipo de risco fabricado polo "blogmaster". Ala, sorte a todos!