viernes, 25 de febrero de 2011

XOGO DE PESCA

Xa falta menos dun mes para o comezo da tempada troiteira 2011! Mentres tanto, e para que vaiades sacando o mono, déixovos uns enlaces para que baixedes o Rapala Pro Fishing. Está en inglés pero ben se entende.




As descargas están postas para evaluación, así que se non tedes o orixinal deberédelo borrar ás 24 horas de descargalo. Sede bueniños eh?

jueves, 24 de febrero de 2011

SOLUCIÓN Ó CONCURSO "RÍO E POZO"

Como xa pasaron dúas semanas desde que se publicou a foto-concurso "río e pozo", e visto que non aparecen novos participantes, imos dar o concurso por finalizado. Antes de dárvo-la solución, vou poñer outra foto, sacada desde o mesmo sitio pero enfocando río arriba:


Agora está máis claro, ¿non? Efectivamente trátase de Cal Grande, no coto de Ombre, no archicoñecido río Eume. Ou como dixo o amigo Juan Rosco (rooscoman), "o pozo que hai xusto no refuxio", refuxio reconvertido en centro de precintaxe e que os gardas teñen pechado case todo o día (é ben sabido que a gardería do Eume traballa menos que un rapala chino de decathlon, jeje).
Noraboa rooscoman! Podes escoller entre un dos modelos que se ven na entrada "os grandes... ¡a risco!".

De paso vouvos poñer algunha foto máis deste precioso río, del e das súas desgracias falaremos próximamente...







miércoles, 16 de febrero de 2011

O MUNDO Ó REVÉS

Atención á foto:


Ahí o tedes, un salmonazo (non colle na caixa) exposto coma un peixe máis, esperando a súa subasta nunha lonxa de Galicia. Neste caso trátase da lonxa de Laxe, esta foto está sacada da súa web, e encima presumen de que alí é posible ver un salmón á venda!
Non sei se será tan escandaloso e repugnante coma o caso acontecido no río Ulla o ano pasado, no que trincaron por casualidade a un empregado da gardería que collía salmóns no capturadeiro de Ximonde, para logo vendelos a un restaurante. Un deses salmóns tiña un chip que guiou ós gardas ata un galpón do restaurante, senón fose por iso a saber cantos salmón podería seguir roubando...
Rías plagadas de redes e trasmallos, buceadores nocturnos e demáis furtivos actuando impunemente por falta de vixiancia, da calidade das augas mellor nin falar...

¿E qué medidas se toman para combatir estas lacras dos ríos? Ningunha.
En cambio nalgúns ríos deixan á beira da prohibición os señuelos de spinning máis usados (cucharilla, risco, rapala e semellantes). O problema somos os pescadores, coma sempre.

Desde que saiu a lei de pesca fluvial fai case 20 anos, os dereitos dos pescadores víronse recortados sistemáticamente, recortes que case sempre asumimos sen problema ningún, porque como pescadores somos os primeiros que queremos que os ríos estean en condicións e haxa peixes neles.
Pero o problema é que eses esforzos non se ven recompensados en absoluto, porque cada ano hai menos peixe nos nosos ríos... e algúns estamos empezando a estar ata os collós! Tantos recortes estúpidos para os pescadores deportivos, ¿para qué? Para que en canto se faga de noite baixen os furtivos a acabar con todo, e que os alevíns dos que crían os papen os cormoráns...
¡Señores! Se non vixían os ríos polo menos déixennos pescar como dios manda, sen tantas prohibicións estúpidas. Que parece que vivimos no mundo ó revés.

jueves, 10 de febrero de 2011

RÍO E POZO


Pois iso, o que acerte o río e o pozo da fotografía levarase un risco, de eficacia nada probada pero cunha pinta caralluda... Por certo, o risco leva un triple que este ano estará prohibido nos ríos declarados como salmoneiros, logo se vos multan non digades que non avisei!

jueves, 3 de febrero de 2011

ORDE DE VEDAS 2011 GALICIA

Onte saiu publicada no DOGA a orde de vedas para a tempada de pesca fluvial 2011. Podédela descargar  de aquí abaixo pulsando en "download", ou vela a pantalla completa pulsando en "fullscreen". Xa sei que parece evidente, pero me consta que hai algún que outro seguidor do blog que non se leva moi ben coa informática... (nin co inglés) jeje.

Para os máis vagonetas fágovos un resumo das principais novedades:

- REO: Aumento da talla mínima legal a 35 cm.

- SALMÓN: A partires do 1 de xuño, tódolos cebos artificiais deberán estar provistos de anzois simples (nada de triples nos rapalas nin moscas con doble ou triple gancho). Coma sempre, a cucharilla terá que ser menor de 6,5 cm e montada en sedal do 0,20 ou menor.

- TRAMOS DE PESCA SEN MORTE: Inclúense novos tramos troiteiros de pesca sen morte. Dos ríos que máis frecuentamos na nosa cuadrilla, destacan o do río Anllo (da estrada N-634 cara abaixo, 4,1 km) e o do Azúmara (da ponte da Barxa ata o río Miño, creo que era o tradicional vedado, de 5,6 km).

Orde Vedas 2011 Galicia