Preparados para a batalla...
...e tamén para a molleira!
O xoves pola tarde fomos na busca dalgunha zona libre para pescar ó día seguinte. Demos bastantes voltas, e comprobamos o difícil que é atopar zonas de pesca en Pontevedra, acostumados como estamos a ter ó lado da casa (a menos dunha hora en coche) moitos tramos libres sen ter que agardar ó 1 de maio.
Finalmente decidimos pescar un tramo libre do Lérez, logo de comprobar que non quedaba ningún permiso para ningún coto neses días.
Ponte (¿romana?) sobre o Lérez
Rosqueando na caída da presa
A pesar de que o día parecía bastante propicio (tormentoso), o resultado foi o habitual, ou sexa un rosco. Picadas houbo sí, pero case todas de troitas moi pequenas. Para iso non facía falta cambiar de provincia, xa facemos bastantes roscos por aquí...
Unha das mellores capturas da xornada
O momento cómico da xornada foi cando roscoman cruzou o río para desenganchar un rapala e logo non daba atopado a maneira de volver a cruzar...
Roscoman a piques de bañarse nas augas do Lérez (intentei grabalo en vídeo pero non puido ser):
¿Por onde se cruzaba?
Parece que por aquï...
UUUUUIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIIII!!!!!
Acabámo-la xornada nun afluente do cal descoñecémo-lo nome. Preto del puiden tomar unha curiosa instantánea antes de recolle-los bártulos e marchar pra casa. Non sei qué pasaría neste lugar antigamente para que puxeran tantos cruceiros, ademais dunha capela:
En vistas do éxito acadado decidimos non voltar de pesca no que restaba de fin de semana. O domingo marchamos de volta pra as nosas casas, non sen antes facer unha foto de grupo na casa onde nos hospedamos:
E así rematou esta excursión a terras pontevedresas, provincia na que persoalmente levo 100% de roscos (o anterior rosco foi en Ximonde hai un par de anos, e foi moito máis decepcionante ca este, claro está), pero serviume para recordarme que os bos momentos cos amigos poden ser mellores que pillar un labanco.