Atención á foto:
Ahí o tedes, un salmonazo (non colle na caixa) exposto coma un peixe máis, esperando a súa subasta nunha lonxa de Galicia. Neste caso trátase da lonxa de Laxe, esta foto está sacada da súa web, e encima presumen de que alí é posible ver un salmón á venda!
Non sei se será tan escandaloso e repugnante coma o caso acontecido no río Ulla o ano pasado, no que trincaron por casualidade a un empregado da gardería que collía salmóns no capturadeiro de Ximonde, para logo vendelos a un restaurante. Un deses salmóns tiña un chip que guiou ós gardas ata un galpón do restaurante, senón fose por iso a saber cantos salmón podería seguir roubando...
Rías plagadas de redes e trasmallos, buceadores nocturnos e demáis furtivos actuando impunemente por falta de vixiancia, da calidade das augas mellor nin falar...
¿E qué medidas se toman para combatir estas lacras dos ríos? Ningunha.
En cambio nalgúns ríos deixan á beira da prohibición os señuelos de spinning máis usados (cucharilla, risco, rapala e semellantes). O problema somos os pescadores, coma sempre.
Desde que saiu a lei de pesca fluvial fai case 20 anos, os dereitos dos pescadores víronse recortados sistemáticamente, recortes que case sempre asumimos sen problema ningún, porque como pescadores somos os primeiros que queremos que os ríos estean en condicións e haxa peixes neles.
Pero o problema é que eses esforzos non se ven recompensados en absoluto, porque cada ano hai menos peixe nos nosos ríos... e algúns estamos empezando a estar ata os collós! Tantos recortes estúpidos para os pescadores deportivos, ¿para qué? Para que en canto se faga de noite baixen os furtivos a acabar con todo, e que os alevíns dos que crían os papen os cormoráns...
¡Señores! Se non vixían os ríos polo menos déixennos pescar como dios manda, sen tantas prohibicións estúpidas. Que parece que vivimos no mundo ó revés.
Mostrando entradas con la etiqueta normativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta normativa. Mostrar todas las entradas
miércoles, 16 de febrero de 2011
jueves, 3 de febrero de 2011
ORDE DE VEDAS 2011 GALICIA
Onte saiu publicada no DOGA a orde de vedas para a tempada de pesca fluvial 2011. Podédela descargar de aquí abaixo pulsando en "download", ou vela a pantalla completa pulsando en "fullscreen". Xa sei que parece evidente, pero me consta que hai algún que outro seguidor do blog que non se leva moi ben coa informática... (nin co inglés) jeje.
Para os máis vagonetas fágovos un resumo das principais novedades:
- REO: Aumento da talla mínima legal a 35 cm.
- SALMÓN: A partires do 1 de xuño, tódolos cebos artificiais deberán estar provistos de anzois simples (nada de triples nos rapalas nin moscas con doble ou triple gancho). Coma sempre, a cucharilla terá que ser menor de 6,5 cm e montada en sedal do 0,20 ou menor.
- TRAMOS DE PESCA SEN MORTE: Inclúense novos tramos troiteiros de pesca sen morte. Dos ríos que máis frecuentamos na nosa cuadrilla, destacan o do río Anllo (da estrada N-634 cara abaixo, 4,1 km) e o do Azúmara (da ponte da Barxa ata o río Miño, creo que era o tradicional vedado, de 5,6 km).
Orde Vedas 2011 Galicia

Suscribirse a:
Entradas (Atom)