miércoles, 16 de febrero de 2011

O MUNDO Ó REVÉS

Atención á foto:


Ahí o tedes, un salmonazo (non colle na caixa) exposto coma un peixe máis, esperando a súa subasta nunha lonxa de Galicia. Neste caso trátase da lonxa de Laxe, esta foto está sacada da súa web, e encima presumen de que alí é posible ver un salmón á venda!
Non sei se será tan escandaloso e repugnante coma o caso acontecido no río Ulla o ano pasado, no que trincaron por casualidade a un empregado da gardería que collía salmóns no capturadeiro de Ximonde, para logo vendelos a un restaurante. Un deses salmóns tiña un chip que guiou ós gardas ata un galpón do restaurante, senón fose por iso a saber cantos salmón podería seguir roubando...
Rías plagadas de redes e trasmallos, buceadores nocturnos e demáis furtivos actuando impunemente por falta de vixiancia, da calidade das augas mellor nin falar...

¿E qué medidas se toman para combatir estas lacras dos ríos? Ningunha.
En cambio nalgúns ríos deixan á beira da prohibición os señuelos de spinning máis usados (cucharilla, risco, rapala e semellantes). O problema somos os pescadores, coma sempre.

Desde que saiu a lei de pesca fluvial fai case 20 anos, os dereitos dos pescadores víronse recortados sistemáticamente, recortes que case sempre asumimos sen problema ningún, porque como pescadores somos os primeiros que queremos que os ríos estean en condicións e haxa peixes neles.
Pero o problema é que eses esforzos non se ven recompensados en absoluto, porque cada ano hai menos peixe nos nosos ríos... e algúns estamos empezando a estar ata os collós! Tantos recortes estúpidos para os pescadores deportivos, ¿para qué? Para que en canto se faga de noite baixen os furtivos a acabar con todo, e que os alevíns dos que crían os papen os cormoráns...
¡Señores! Se non vixían os ríos polo menos déixennos pescar como dios manda, sen tantas prohibicións estúpidas. Que parece que vivimos no mundo ó revés.

1 comentario:

  1. Non é que pareza que vivimos no mundo ó revés, ¡¡¡É que vivimos!!!
    Os ríos e embalses énchense de cormoráns. Non se fai nada.
    Collen a un furtivo cun saco de salmóns é os axentes lle din como pode facer un "pliego de descargo", e ó final non hai multa.
    Se a tí te collen cunha troita que non da a medida porque se che secou na cesta, xa te tratan coma un criminal e xa estás pagando relixiosamente.
    Noutros lugares saben de sobra quén son os furtivos pero non se lle fai nada. !!!Pobriños, que teñen que comer¡¡¡
    No mar esquílmase hasta que a embarcación está ata os topes. Entón chámase a outra embarcación.
    ó final isto terminará coma a caza. Catro días no mes e vas que chutas.
    E menos mal que parece que pararon a construcción dalgunhas minicentrais, porque xa que nos subiron a taxa da luz. Porque con toda a enerxía que producimos, ven podía ser gratuita.
    E non sigo porque isto é o conto de nunca acabar.
    Saúdos e a esperar que para o ano cambien as tornas para mellor.

    ResponderEliminar