jueves, 3 de febrero de 2011

ORDE DE VEDAS 2011 GALICIA

Onte saiu publicada no DOGA a orde de vedas para a tempada de pesca fluvial 2011. Podédela descargar  de aquí abaixo pulsando en "download", ou vela a pantalla completa pulsando en "fullscreen". Xa sei que parece evidente, pero me consta que hai algún que outro seguidor do blog que non se leva moi ben coa informática... (nin co inglés) jeje.

Para os máis vagonetas fágovos un resumo das principais novedades:

- REO: Aumento da talla mínima legal a 35 cm.

- SALMÓN: A partires do 1 de xuño, tódolos cebos artificiais deberán estar provistos de anzois simples (nada de triples nos rapalas nin moscas con doble ou triple gancho). Coma sempre, a cucharilla terá que ser menor de 6,5 cm e montada en sedal do 0,20 ou menor.

- TRAMOS DE PESCA SEN MORTE: Inclúense novos tramos troiteiros de pesca sen morte. Dos ríos que máis frecuentamos na nosa cuadrilla, destacan o do río Anllo (da estrada N-634 cara abaixo, 4,1 km) e o do Azúmara (da ponte da Barxa ata o río Miño, creo que era o tradicional vedado, de 5,6 km).

Orde Vedas 2011 Galicia

7 comentarios:

  1. O horario de reo segue igual que o ano pasado. Polo menos non hai que mira-lo periódico cada vez que se vai ó río...
    Paréceme ben que suban a medida a 35 cm, incluso poderían subila máis, pero penso que debería ir acompañado dun aumento no horario legal, que para pescar a risco apenas temos un cuarto de hora. E os grandes non pican así como así!

    ResponderEliminar
  2. Pois eu este ano vou aforrar en cotos porque o 99% do que collia eran de menos de 35 asi que este ano ira seu pai.

    ResponderEliminar
  3. A subida da talla mínima me parece un acerto, xa que nalgúns ríos se guían demasiados reos que apenas pasan dos 30cm.
    En canto á pesca nocturna, creo que non debería haber horario, xa que cando os que pescamos de forma legal marchamos do río, os furtivos teñen vía libre.
    O que hai que ter é máis vixilancia , que para iso pagamos cada vez máis pola licenza e máis sentido común (que é o menos común dos sentidos).
    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. Dacordo con Jose ó 100%.
    Máis vixiancia contra os furtivos, e menos tratarnos ós pescadores de cana coma delincuentes!

    ResponderEliminar
  5. Sorprendente a norma do salmón sen morte, prohibido sacalo da agua, partindo a liña se fose necesario! A ver que é o guapo que corta a liña para perder unha mosca que pescou un salmón... E nada de sacar fotos coa captura antes de devolvela eh!

    ResponderEliminar
  6. Como dixo rooscoman no chat, hai unha maneira de pescar moito máis respetuosa cos peixes que a pesca sen morte, moi practicada por nós últimamente, que é a "pesca sen captura".
    Nin triples, nin dobles, nin simples, este ano imos ir ó rio sen anzol ningún, total pra o que iamos coller... jajaajja

    ResponderEliminar
  7. Agora resulta que os problemas do salmón e do reo son os rapalas e as cucharillas, manda carallo! Sempre pagámo-lo pato os pescadores, sempre igual. Pois eu paso de capar os riscos e as cucharillas, despois de maio paso dos ríos salmoneiros, que lles dean. Total, se pica algo grande seguro que se nos pira...

    ResponderEliminar