jueves, 31 de marzo de 2011

VOLTAMOS Ó MUNDO REAL: PRIMEIRO ROSCO.


Este fin de semana presentábase ben. Despois dun primeiro día memorable, no que puidemos pescar un gran coto dun gran río (logo de que nos tocara un moi bo número no sorteo), tocaba agora probar sorte nos nosos ríos máis frecuentados nas últimas campañas. A climatoloxía a priori era favorable, aire do sur e nubes para o sábado pola mañá, e auga o resto, con temperaturas bastante boas.
SÁBADO
A carallada do venres noite tivo bastante culpa, o caso é que quedei durmido e non acudín á cita acordada cos compañeiros, e non cheguei ó río ata as 10:00. Pesquei tres horas, a cucharilla, e collín dúas troitas de 23 cm, e outras dúas picadas de troitas algo menores. Pensei bueno… non está nada mal! para chegar tarde e estar de resaca… non me merecía máis ca iso.
Unha das dúas que chegaron ás miña mans...

Bonitos sitios que non quixeron dar ningunha pintona...

Pensei: seguro que estes pillaron una boa troitada, tendo en conta que pescaron dúas horas máis ca min, e que pescan bastante mellor ca min… troitada seguro!
Logo de que me adiantase outro cucharilleiro, e como se achegaba a hora de comer, din a volta e fun baixando pola beira facendo algún lance que outro, ata que atopei a estes dous fenómenos…
Pois resulta que entre os dous non colleran máis que tres en toda a mañá, unha delas bonita iso sí, pero o resultado final do día foi bastante decepcionante. Ademáis, a práctica ausencia de pescadores no río (o primeiro sábado da tempada!!!) non é bo sinal, se houbera moitas troitas sería outro cantar…
Fomos comer un chuletón e ahí empezou o diluvio que se prolongaría durante horas, así que decidimos ir pra casa e quedar para o día seguinte.
DOMINGO
O domingo quedei ben cedo con A-Moscón, e fomos a un río cabrón, coa esperanza de que estivera turbio e un pouco crecido, pois nesas condicións un día tiven a sorte de facer unha boa pescata alí (con lavanco incluído). Cando chegamos baixamos rápidamente a mirar, a pesar de que aínda había moita oscuridade… estaba PERFECTO, e o día estaba ben tamén, hoxe podía ser un gran día e a emoción invadíame, hai que mallar que hoxe tenas que dar!

Mallamos toda a mañá e nin picada, ROSCO TOTAL, que río máis fillo de puta, non lle volvo máis!!! Tódolos anos digo o mesmo cando pesco este río, pero o desta vez doeume especialmente, porque ese día parecía que estaba todo perfecto e… rosco. Ademáis, moi poucos pescadores. No tramo que pescamos vimos a dous cucharilleiros (rosco os dous) e un miñoqueiro (rosco tamén). Non sei se o cormorán que vimos sair da auga collería algo, pero coa cana non se colleu nada, que saibamos…
Pescador de salmón a cebo, con gancheiro subindo a unha póla para avista-los salmós, jajaa

Así que fixemos o primeiro rosco, que nos pon no noso sitio despois dun arranque atípico. Agora está claro, aquelo foi un espexismo, a realidade é ben diferente, por desgracia…

4 comentarios:

  1. Por certo, esquecín comentarvos que o sábado pola tarde quitei o sedal podre que tiña no carrete desde o ano pasado, e cambieino por un sen estrear. Pra min que iso tivo algo que ver no rosco dominical...

    ResponderEliminar
  2. Cantas veces chegamos a un río que parece que nos vai a dar unha boa xornada e nos da polo ....
    En fin, que toca facer balance e ir decartando eses lugares máis capoteiros en favor dos que nos recompensan.
    Esperemos que co novo sedal teñas mai sorte.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Menos mal que as troitas son moi listas e xa se empezan a dar conta de que o ferro que lles pasa por diante non é boa cousa, jeje
    Eu creo que é o habitual, primeiros dias de boa pesca...logo unha temporada de escasez e ata finais de mayo non se volveran a ter boas xornadas de actividade (sempre hai algunha excepción) polo menos é o que me sole pasar a min polos rios que frecuento.
    Animo e a insistir que algunha vai sair.
    Saudos

    ResponderEliminar
  4. Dacordo contigo Jose, este río queda descartado para o resto da tempada, de min non se volve rir (bueno, ata o ano que ven).

    Pode que teñas razón Pablo, pero creo que todavía é algo cedo para que estean tan resabiadas, non sei... Estou dacordo con que a partires de maio (cos ríos máis baixos) as condicións soen ser máis propicias para pescar troitas, o malo é que por esas datas xa nos empeza a comer o mono de reo, e non se pode estar a todo... jeje.

    ResponderEliminar