lunes, 2 de mayo de 2011

SALMONADA EN ASTURIAS

Como estou canso de irlles contando ós colegas un a un as crónicas salmoneiras, vou tratar de ilas resumindo aquí no blog e que cada un que as vaia mirando se quere.

O arranque da tempada foi moitísimo mellor que o do ano pasado en Asturias, sendo una auténtica festa no río Sella, onde se conseguiron poñer en táboa 30 salmóns, a gran maioría deles en pozos libres. Seguiulle o Cares con 14, o Narcea con 12, o Eo con 3 e, finalmente, o Esva-Caneru con 1 salmón.
Ponte de Quinzanas, río Narcea

Un total de 60 salmóns precintados no primeiro día de pesca con morte no Principado, que auguran una boa campaña, ou polo menos moito mellor que as dúas últimas.
Ponte romana sobre o Río Sella, un dos lances máis fructíferos na primeira xornada en Asturias

Non é casualidade que os tres peixes precintados no Eo saíran do coto La Pena (Lote 1 de Abres), pois ahí pescou o formidable pescador de Ribadesella J.M. Mori Cuesta, coñecido como “El Marqués”, un dos habituais aspirantes a pichichi da tempada. Está claro que o que sabe, sabe... Seguro que se tivera La Volta (Lote 4 de San Tirso) ou outro coto bo pescaba tamén, un fenómeno vaia…
Río Eo, ó seu paso pola Pontenova

Parece ser que en Louredal (Lote 3 de San Tirso) saíron tres salmóns e foron devoltos á auga, pois este ano ese espléndido coto volve a estar reservado para a pesca sen norte. Parece que no Eo hai movemento, e nós iremos para alá este sábado, lástima que teñamos un dos peores cotos do río (ou polo menos o que non quixo ninguén): o Lote 5 de Abres, tamén coñecido coma  “Louside”.
Case tódalas capturas foron conseguidas a cebo natural
En Galicia de momento poucas noticias. A máis salientable é que saíu o campano do Mandeo, coma case sempre “sen querer”, ou sexa a rapala a última hora, indo ós reos supoño… Sexa como fora, un formidable peixe de 6,600 kg, así que noraboa ó afortunado pescador.
O máis sorprendente é que non saíra ningún salmón no río Ulla, especialmente no coto de Ximonde, onde xa debería de haber un bo piño de salmóns… Pode que sexa que estea o río impescable, como una vez que nos tocou pescalo, que baixaban continuamente unhas algas-moco verdes que enganchaban nos cebos e impedían que traballaran. E estando así xa pode haber moito salmón, que aínda así pescalo é misión case imposible. Espero que sexa iso, porque senón hai salmóns no Ulla, no resto de Galicia estamos fodidos…
Coto de Ximonde, río Ulla

Ós que vos interese seguir a evolución das capturas nos ríos asturianos, podédelo facer diariamente na páxina da Real Asociación Asturiana de Pesca Fluvial:

3 comentarios:

  1. Joder así da gusto, non pérdala costumbre de facer resumes, xa sabes que tes uns colegas bastante vacas para isto da información. Un pouco de envexa dos ríos asturianos, aquí en Galicia coma sempre a velos vir... ou mellor a velos sair... en Asturias.

    ResponderEliminar
  2. Qué pasa A-MOSCÖN! intentarei facer unha entrada semanal sobre as capturas que se vaian contabilizando nos ríos galegos e asturianos, se teño tempo claro, que últimamente non me sobra...
    Onte saíron 25 salmóns máis no Principado (alí era festivo), un deles de 13,300 kg!!!!!!! Foi un dos tres (o cupo) que saíron no coto La Figal, na confluencia dos fabulosos ríos Nalón e Narcea.
    Por suposto, tódalas capturas se conseguiron a cebo natural (maiormente miñoca e quisquilla), polo que supoño que os ríos baixarán con caudal medio/baixo e augas claras, condicións ideais para pescar a salmón visto, modalidade da cal Asturias conta con auténticos mestres (seguramente os mellores pescadores de salmón a cebo do mundo). Tiñamos que ir un día a mirar cómo pescan, a ver se aprendemos algo, jeje.

    ResponderEliminar
  3. Non vas mal encamiñado co de ir mirar como pescan pois é todo unha arte, e este ano a campaña arrincou como esta mandando. Eu estreome mañan pero creo que o rio vai ir alto e turbio asi que mallarei a cucharilla o que poda e a ver se hai sorte.
    Saudos!!

    ResponderEliminar