miércoles, 15 de junio de 2011

REO ATACADO POR REO ¡¡¡INCRIBLE!!!


Déixovos un relato ACOJONANTE que me acaban de enviar, narrando a captura do primeiro reo oficialmente precintado no río Sor neste ano 2011. Moitas gracias a Iago, o pescador que seguro non esquecerá nunca este lance:
Comezamos a pescar a iso das 7.30 da mañan na ponte de ribeiras donde comeza o coto. Nas primeiras lanzadas que fixemos eu mailo meu compañeiro quitamos varias troitas e algunha mui cerca da talla non so "mecheros" coma de costumbre no Sor jejej. Seguimos pescando, eu adianteime un pouco mentras co meu compañeiro quedou vareando as primeiras corrientes que hai o subir. Eu chegei xusto donde comeza a pista pra ir ata o telesilla vareando  sen presa todas as corrientes que me atopaba. Nun destes lanzes clavei un reo pequeno duns 25cm. Xusto despois de soltalo prepareime pra seguir vareando a dolor, agora ainda mais motivado jeje. Lancei xusto na salida dunha pequena corriente que habia na outra beira do rio e que despos comezaba un pequeno pozo tapado por unha pola. Na mais caeu a cucharilla na auga e duas voltas de carrete xa sentin a picada forte e inconfundible dun reo que comezou a pelear e a saltar. Empezei a quitalo da corriente e a chamar polo meu compañeiro pra que me botara unha man e xusto cando pasou o reo polo lado do pequeno pozo saiu un pedazo bicho que comezou a ir detrais do reo que tiña eu enganchado na miña caña!!!!! IMPRESIONANTE!!!! Enganchouno por diante da cola duas veces e tirou del con forza e xusto despois desapareceu hacia a corriente. Eu collin e quitei o reo pra fora do rio e xusto chegou o meu compañeiro, cando vimos as feridas que traia quedamos flipando. Medimos o reo que deu 37cm e pro cesto.
Iago co "campano"

A ver que vos parecen as fotos non sei si se veran moi ben que as quitamos cun movil. Moitas grazas por deixarme contarvos a miña historia. E a seguir asi co blog que esta de puta madre.
Un saudo
Iago. 


Impresionante documento sen dúbida, moitas gracias a Iago por compartir esa experiencia con nós. ¡Agora hai que ir polo grande! Xa sabemos que pica a rapala imitación de reo de 37 cm, a metade do traballo está feito, jejej…

E a todo isto… ¿¿¿non sería una lontra??? E que non o acabo de creer…

4 comentarios:

  1. Me cago en tal!!!, calquera día votanse a nos!!!

    Impresionante documento... a natureza e incrible...e ese reo estaba doente ca fame!!!

    Noraboa pola historia inesquecible.

    Saudos

    ResponderEliminar
  2. no Sor non teñen moito que comer polo visto...jejeje miña nai pero que tamaño teria o outro reo para facer semejante desfeita? :O
    increible!! e despois a xente dime que estou medio tolo por pescalas troitas con rapala de 9 cm jajaja.
    Saudos!

    ResponderEliminar
  3. BUENO.......ESTA SI QUE E BOA.........NON DUDO DA PALABRA DE NADI , PERO AS FOTOS FALAN POR SI SOLAS.....
    O DESGARRO QUE HAY HAY HNA ULTIMA FOTO NON E DA BOCA DUN REO.....E A PRIMEIRA FOTO DA MAIS QUE PENSAR.
    A MIÑA OPINION,POLOS ANOS DE VUELO....QUERO PENSAR QUE E DUN BICHO DE CATRO PATAS.....

    ResponderEliminar
  4. Hola Manuel, benvido e gracias por comentar.
    ¿A qué animal de catro patas te refires?

    Eu o da lontra púxeno de coña, ademais coñezo persoalmente ó pescador e meréceme toda a credibilidade do mundo. Na miña modesta opinión, esas marcas foron feitas polas fauces dun salmónido, e tratándose do río Sor no seu tramo baixo o máis probable é que se tratara dun reo. Un reo que non tería por qué ser excepcionalmente grande, creo que un de 2 kg xa ten boca de sobra para facerlle iso a un de 37 cm.
    Saúdos

    ResponderEliminar