martes, 22 de marzo de 2011

EMPEZAMOS BEN

Por fin chegou o primeiro día de pesca. Este ano non quería empeza-la tempada cun rosco, así que fixen todo como había que facelo:
O día anterior preparei  todo, a última hora e arrastro: pillei a cana de ballesta tal cual a tiña montada desde finais da tempada anterior, un par de voltas ó carrete para comprobar que segue funcionando (milagrosamente), comprobo que o sedal está medio podre e pra o coche. Pillo o vadeador e as botas, e doume conta  de que unha das suelas de fieltro está medio colgando, así que soluciono o problema cun pouco loctite e andando. ¿Qué me falta? Ostiá o chaleco!!!!!! Pillo o chaleco, métolle un lote de rapalas (entre 15 e 25), a caixa das cucharillas tal cual a tiña para os reos,  unhas poucas cucharillas máis por se acaso, a licencia, os permisos, e una bobina de sedal sen estrear pero comprada o ano/s anterior/es (detalle importante). E de todo esto ó final usar só dúas cucharillas, bueno tres que unha engancheina e perdina… Ala, todo para o maletero e carretera.
Día seguinte. Cando soa o despertador eu xa estou desperto. É 20 de marzo, primeiro día de pesca, e esa noite nunca foi de durmir moito…
Arranco a reunirme co resto da cuadrilla, somos catro en total e temos que poñer rumbo ó río canto antes. Como é habitual todo dios chega tarde menos eu, e cando chegamos ó río xa case non había onde deixa-lo coche, cambiámonos con calma e empezamos a pescar a iso das 7:45 creo. O día amanece nublado, con temperatura agradable desde primeira hora, o río co caudal perfecto para pescalo a cuchara, e as augas un pelín tomadas. PERFECTO.
Ó pouco de empezar, A-Moscón colle a primeira troita, pero non a colle a moscón senón a rapala. Suso e rooscoman mallan a rapala tamén e eu deixo posta a cucharilla. Ás 8:20 collo a primeira troita, e pouco despois outras dúas. Confirmado, era un día caralludo e había que disfrutalo. A iso das 10 empezou a petar o sol, e o ritmo de picadas baixou considerablemente, pero a base de mallar ben as posturas ían saíndo algunhas pintonas a alegrarnos a mañá.
A iso das 12:00 fixemos unha paradiña para picar algo,  A-Moscón fixo un lance sentado na herba e zas! clavou a que por entonces era a troita nº 20 do día, una cifra que o día anterior firmariamos sen dudalo. A anécdota da troita sentado fixo que nos animaramos a saca-los móviles para tirar unhas fotos:


Hoxe o día estaba saíndo bo, así que dímo-la volta e voltamos pescando cara o coche, era hora de enche-lo bandullo e coller forzas para intentar face-lo cupo pola tarde. E así foi, despois de comer voltamos para o río, e en pouco tempo todos completamos o cupo de oito troitas que tiña o coto. 4 de 4. Memorable.
Sen dúbida o noso mellor arranque troiteiro desde fai uns cantos anos, que nos permite soñar cunha gran tempada, polo menos ata que fagamos o primeiro rosco e volvamos á crúa realidade.
E xa sabedes, o sábado que ven todo dios co sedal podre do ano pasado, xa veredes como así pican a dolor.

Ah, por certo, ó final a suela de fieltro despegouse (lóxico fracaso da operación loctite) sen eu darme conta, e ó subirme a unha pedra esvarei e zoupei coa rodilla, coa correspondente molleira. Molleira parcial, pois o meu vadeador "transpirable" de 80 € respondeu perfectamente.
Ala, ata a próxima, que seguramente será nun río máis pequeno, e tamén máis capoteiro...

5 comentarios:

  1. A ver se me fago cunha cámara para levar ó río (que se poda mollar), e así facer mellor as crónicas. Iso sí, cando leve a cámara seguro que non collemos nada, jejej

    ResponderEliminar
  2. bo comezo, noraboa. E noraboa tamén polo blog q descubrin fai pouco tempo e me parece moi interesante. Saudos

    ResponderEliminar
  3. Gracias Pablo, e gracias por comentar, estás na túa casa. Alégrame re-coñecerte, antes tiñas un blog "pesca no río Ouro" creo, e logo perdinche a pista. Agora xa estás fichado outra vez, noraboa a ti tamén polo blog e sobre todo polos salmonazos que vexo que pillache o ano pasado, jeje.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  4. Os cupos cada día son máis difíciles de acadar. Iso si, depende do río.
    Como a vos non se vos deu nada mal, só me queda felicitarvos.
    A operación loctite tócame agora a mín, só que eu vou usar sicaflex.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. Booon día en todo-los sentidos, picadas de vez en cando para manter a nosa atención e o sol petando no lombo, non parecía marzo. Todo positivo, disfrutemos da xornada, porque será desas que recordaremos nos bares unha vez tras outra nas xornadas de rosco, que serán varias.
    SALUT

    ResponderEliminar