domingo, 1 de mayo de 2011

CAMPANU DE ASTURIAS 2011


Nada máis abrirse a tempada de pesca de salmón en Asturias, concretamente ás 6:55 h, saiu o Campanu, o primeiro salmón da tempada. Foi capturado nas augas do río Narcea polo pescador Alberto Fernández, a cucharilla, no pozo coñecido como "La Ortona", no coto El Desastre.

O espléndido exemplar, que deu 5,800 kg na báscula, foi subastado como é costume no mosteiro de Cornellana, sendo este o momento estelar da feira do salmón que tradicionalmente se celebra ó comezo da tempada. O gañador da subasta foi o propietario da empresa galega de montaxes ODL, Juan José Castaño (xa ten nome de coto salmoneiro, jeje), quen pagou 6.000 € polo preciado campanu.

Desde aquí enviámoslle as nosas felicitacións ó afortunado pescador, e porqué non, tamén ó comprador, que supoñemos degustará tan exquisito bocado.

1 comentario:

  1. Afortunado o que pescou o peixe, que vale uns bos cartiños. Para mercalo, só fan falta cartos, nada máis. Pero para pescalo hai que ter o día de cara e estar no momento indicado no punto indicado.
    Noraboa a tódolos que se estrearon co salmón este ano.
    Saúdos

    ResponderEliminar