martes, 10 de mayo de 2011

A FALTA DE SALMÓN… ¡REAZO E TROITÓN!


Este fin de semana tocounos probar sorte co salmón. O escenario que nos deparou o sorteo este ano foi o lote 5 do coto de Abres, máis coñecido coma Louside na beira asturiana, o único acotado do río Eo no que quedaban permisos libres cando nos tocou pedir.
Chegamos ó río preto das oito da mañá, logo de dar unhas voltas ata atopa-lo límite entre os lotes 5 e 6 (Louside e Reiboa).  A sinalización dos tramos desde a estrada nacional é prácticamente nula, a excepción dos lotes de San Tirso pola beira asturiana, os cales están perfectamente sinalizados.
Cando chegamos a pé de río, a espesa néboa que nos acompañara durante a viaxe comezaba a levantar, a temperatura era boa e ameazaba con chover. Día raro, podía pasar calquera cousa…
Ás 8:00 din que pica o salmón, apresa a poñe-lo cucharillón!

Decidín face-los primeiros lances nesta corrente pouco fonda, por debaixo do pozo Reiboa, para estrea-la cana que acababa de adquirir, unha Abu Tournament Spin de 2,70 m e acción 15-45 gr, e irme afacendo a ela antes de probar sorte nun lance con mellor pinta salmoneira.


Ó segundo lance entrou esta troita, que non dubidou en ataca-lo cucharillón:

Seguín lanzando no mesmo sitio, a ver se hai máis… De repente, a cucharilla párase en seco, eu clavo, e sinto ó outro lado da liña un peixe de tamaño respetable que loita por quedarse pegado ás pedras do fondo. Moi pequeño para ser un salmón, moi grande para ser una troita, nada plateado para ser un reo… ¿será un zancado (pensei)...?
Logo dunha breve batalla, o peixe sucumbe ante a poderosa cana e o stradic 5000, armado con sedal do 0,30. Aproveitando que estaba nunha pequeña praia, saco o bicho a rastro e comprobo xunto a A-Moscón que se trata dunha troita, cousa que me alegra bastante:
Troitón que deu na báscula 1,050 kg

Eran as 8:30 h e xa estaba satisfeito, pagara a pena o madrugón e a viaxe. Ademáis, a sensación era de que estaba un día de pesca moi bo, e se había algún salmón por alí podería picar… Continuamos mallando despaciño tódalas posturas cara o límite inferior do coto, que en total ten só 600 metros de lonxitude.
Cando xa estabamos de volta, preto do mediodía, escóitanse una serie de berridos tipo: EEEEEEEH, EEEEEEEEEEEEEH, EEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEH!!!!!!!!!! e acto seguido outro máis intelixible: SACADERAAAAAA!!!!!!! Era Rooscoman, tiña un labanco enganchado, seguramente un salmón…
Eu tiro a cana e corro cara alí, cando chego xa está A-Moscón coa sacadeira nas mans, pero non o ten nada claro e pídeme que sexa eu o que lle meta a sacadeira ó peixe. Eu négome e torpemente busco a cámara no chaleco, mentres intento identifica-la silueta do labanco que se remexe na auga. Apenas consigo velo con claridade, pero calcúlolle sobre tres kilos, non é una troita… ¡ten que ser un salmón!

Pescador e gancheiro compenetráronse ben, e conseguiron botar a terra este fantástico exemplar de REO, que finalmente daría na báscula 2,300 kg.

 Foi una alegría para todos, xa que é o reo máis grande que colleramos nunca. Ademáis, A-Moscón quitouse una espiña que tiña clavada desde fai bastantes anos, desde un día no que non foi quen de botar a terra outro gran reo clavado por Rooscoman, iso si, aquel día non tiña sacadeira, e desta volta iamos preparados, jeje…

Así acabou a mañá. Logo de xantar e tras un chaparrón, preparámolas canas de cebo. Só nos faltaba o salmón, e se había algún tiñamos que sacalo.
A cebo en Reiboa

Rico, rico...

A cebo no pozo Louside

Pero non o había. De feito, ainda que a nós os pozos nos parecían bastante guapos, parece ser que ós salmóns non lles gustan tanto, e pasan por este coto sen parar nin a tomarse algo… O único que saiu pola tarde foi esta troita, outra vez co cucharillón:

Ó remata-la xornada fomos ó centro de precintaxe de Salmeán, onde nos enteramos que se colleran 5 salmóns no río, 3 deles no lote 2 da Pontenova (o cupo). Dase a casualidade que nós pescamos ese coto o ano pasado en maio (houbo potra no sorteo), e daquela case non había un puto salmón no río… manda carallo! Cando hai bo número no sorteo non hai salmón, e cando hai, non hai número… en fin, qué se lle vai facer. De tódolos xeitos, esta xornada foi sorprendentemente boa, nunca se sabe o que pode pasar nun destes cotos presuntamente “malos”…

11 comentarios:

  1. Pedazo xornada que se vos presentou! noraboa!! se chegades a ter o coto de La Volta ou outro asi cargades de salmón jeje. Ao parecer as Popper van moi ben...a ver que tal o fan conmigo o fin de semana. Polo demais non vos podedes queixar, pedazo troita e mellor reo....o salmon non saíu pero tampouco se votou tanto en falta con esas capturas. Un saudo

    ResponderEliminar
  2. Felicitacións pola pescata, a ver si sale o salmón no Mandeo, saudos

    ResponderEliminar
  3. Carallo... notouse que non fun eu para espantar todo.

    ResponderEliminar
  4. Pole, volta rápida pero non victoria. So faltou o salmón para cubrir o expediente con un 10. O resultado foi pancho (andaba despistao), troita (preciosa), reo (enorme), e bueno o esperado rosco de salmón (sen duda xa caerá...)
    MOI BON día en todo caso que recordaremos en todos aqueles momentos de rosco, ou días de copas e batallas de río, desas xornadas que quedan para sempre no recordo,...
    INOLVIDABLE
    SALUT

    ResponderEliminar
  5. Gracias a todos por comentar.

    Foi un gran día si... pero pode ser mellor! Hai que ir con fe ó Mandeo, que é o noso último coto salmoneiro, e mallar a dolor!

    Efectivamente Pablo, parece que as popper traballan, polo menos coas troitas,jeje. Que teñas sorte se vas polo Eo, parece que hai salmonada e están saíndo algúns realmente grandes. Igual hai un esperando por ti! E no masma parece que algúns hai tamén...

    ResponderEliminar
  6. Noraboa por esas capturas. O reo é moi fermoso na foto, pero máis o ten que ser o outro lado da liña.
    Pena que faltou o salmón para completar o trío de salmónidos.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  7. Acabo de vir do mandeo... e vai case sen auga...
    Firmaba eu unha xornada coma a vosa sen pensalo!!!
    Pena de salmón, pero xa caerá...

    Saudos

    ResponderEliminar
  8. Boas Carlos, benvido e gracias por comentar!
    A nós pasounos o mesmo este sábado, o río moi baixo e inactividade absoluta dos peixes... Aínda así mallamos todo o día, pero nada..
    Outro ano máis sen salmón, ¡a ver se pra o ano hai máis sorte cos sorteos!

    ResponderEliminar
  9. Acábome de dar de conta de que, por razóns alleas a O Troitón, faltan uns comentarios publicados nesta entrada o pasado 11 de maio, así que paso a repoñelos así daquela maneira...:

    Publicado por A-MOSCÓN para O Troitón a las 11/05/2011 19:46:00 :

    Pole, volta rápida pero non victoria. So faltou o salmón para cubrir o expediente con un 10. O resultado foi pancho (andaba despistao), troita (preciosa), reo (enorme), e bueno o esperado rosco de salmón (sen duda xa caerá...)
    MOI BON día en todo caso que recordaremos en todos aqueles momentos de rosco, ou días de copas e batallas de río, desas xornadas que quedan para sempre no recordo,...
    INOLVIDABLE
    SALUT

    Publicado por labanqueiro para O Troitón a las 11/05/2011 20:50:00 :

    Gracias a todos por comentar.

    Foi un gran día si... pero pode ser mellor! Hai que ir con fe ó Mandeo, que é o noso último coto salmoneiro, e mallar a dolor!

    Efectivamente Pablo, parece que as popper traballan, polo menos coas troitas,jeje. Que teñas sorte se vas polo Eo, parece que hai salmonada e están saíndo algúns realmente grandes. Igual hai un esperando por ti! E no Masma parece que algúns hai tamén...

    ResponderEliminar
  10. E agora re-apareceron os comentarios que faltaban. Disculpas por estes problemas técnicos, que non sei de onde veñen...

    ResponderEliminar
  11. Otra trucha otra vez. Desde cuando ese truchón es un reo????. Que no lo ves que es una trucha como una casa???

    ResponderEliminar