Este fin de semana comezaremos “oficialmente” a tempada de reo. Aínda é cedo para ir a eles con posibilidades aceptables de éxito, pero o mono pode demasiado xa, e só por saúde hai que darlle un toque ó reo, non sexa que nos vaia mal…
Reo guapo guapo...
Este sábado tocará madrugar, sobre todo se se quere riscar a primeira hora… Recordémo-los horarios legais para a pesca do reo para tódolos ríos de Galicia:
HORARIOS DE PESCA DE REO EN GALICIA 2011
Apertura Peche
Do 1 ó 15 de maio 6.06 22.53
Do 16 ó 30 de maio 5.53 23.08
Do 1 ó 15 de xuño 5.49 23.17
Do 16 ó 30 de xuño 5.53 23.20
Do 1 ó 15 de xullo 5.54 23.20
Do 16 ó 31 de xullo 6.03 23.14
Do 1 ó 15 de agosto 6.19 22.58
Do 16 ó 31 de agosto 6.34 22.40
Do 1 ó 15 de setembro 6.51 22.12
Do 16 ó 30 de setembro 7.06 21.47
Así que este sábado disporemos de 17 horas e 28 minutos para mallar a dolor (case nada), pero a maior parte das esperanzas centraranse nos últimos 10-15 minutos da xornada, nos que sacaremos a probar algún destes riscos que fixemos últimamente:
"Matador". Vai ser tan efectivo que o van acabar prohibindo... jejeje
A este fíxenlle uns flecos coa silicona sobrante
voulle chamar "o indio"...
"Sor classic"...
Por trangallada non será...
¡¡A por eles!!
A por eles!!!
ResponderEliminarYo ya llevo unas cuantas sálidas...esos si, de las que yo llamo "express", es decir, madrugón y a las 09:00 de la mañana a otra cosa...
De momento no ha salido gran cosa (que se sepa)...lo mas destacado uno esta semana de 1,330 Kg.
Estaremos pendientes de este y de otros blogs...je,je,je
Suerte!!!
Saludos
Acordate de levar o meu "Ambosores Special". Con ese vouchos coller todos nos pes.
ResponderEliminara ver que tal este ano cas mariconadas que meteron na normativa...pero bueno, o primeiro pesqueino este martes pasado e saiu cun anzol sen morte, non me queixo. Moita sorte con eles!!! saudos
ResponderEliminarA darlle duro con eses artefactos caseiros. A ver se un día fas un brico para os riscos de silicona, que por aquí estamos un pouco verdes no asunto.
ResponderEliminarSaúdos e sorte.
Pois este finde démoslle o primeiro toque ó Sor, e persoalmente non puiden estrearme. Iso sí, tiven un par de picadas de reo co risco "sor classic", pero non engancharon ben (polo triple non será...).
ResponderEliminarO mellor da xornada foi o estreo reeiro do compañeiro A-Moscón, que sacou un reo de 40 cm e 640 gr, con poucos días de río. Pero de momento moi poucos reos, e río moi baixo para a época do ano.
Carlos, non houbo sorte pero seguirémolo intentando, isto non fixo máis que empezar..
Torix perdoa, foiseme a olla, jeje, a ver se a próxima vez...
Noraboa Pablo polo teu primeiro reo, contigo non poden nin con triples nin sen eles, jeje. ¡A seguir así!
Jose, cando teña tempo e me poña a facer novos modelos farei esa entrada que me pides, prometido. Pero antes hai que ir probando a súa efectividade... e por desgracia o tempo para pescar con eles é mínimo.
Saúdos a todos e gracias por comentar
El pez grande de la foto es una trucha grande y no un reo.
ResponderEliminar