jueves, 9 de junio de 2011

Preparados, listos... ¡REO!



Este fin de semana comezaremos “oficialmente” a tempada de reo. Aínda é cedo para ir a eles con posibilidades aceptables de éxito, pero o mono pode demasiado xa, e só por saúde hai que darlle un toque ó reo, non sexa que nos vaia mal…

Reo guapo guapo...


Este sábado tocará madrugar, sobre todo se se quere riscar a primeira hora… Recordémo-los horarios legais para a pesca do reo para tódolos ríos de Galicia:

HORARIOS DE PESCA DE REO EN GALICIA 2011
                                                     Apertura         Peche
Do 1 ó 15 de maio                         6.06              22.53
Do 16 ó 30 de maio                       5.53              23.08
Do 1 ó 15 de xuño                         5.49              23.17
Do 16 ó 30 de xuño                       5.53              23.20
Do 1 ó 15 de xullo                          5.54              23.20
Do 16 ó 31 de xullo                        6.03              23.14
Do 1 ó 15 de agosto                      6.19              22.58
Do 16 ó 31 de agosto                    6.34              22.40
Do 1 ó 15 de setembro                  6.51              22.12
Do 16 ó 30 de setembro                7.06              21.47

Así que este sábado disporemos de 17 horas e 28 minutos para mallar a dolor (case nada), pero a maior parte das esperanzas centraranse nos últimos 10-15 minutos da xornada, nos que sacaremos a probar algún destes riscos que fixemos últimamente:
"Matador". Vai ser tan efectivo que o van acabar prohibindo... jejeje

A este fíxenlle uns flecos coa silicona sobrante

voulle chamar "o indio"...

"Sor classic"...

Por trangallada non será...

¡¡A por eles!!

6 comentarios:

  1. A por eles!!!

    Yo ya llevo unas cuantas sálidas...esos si, de las que yo llamo "express", es decir, madrugón y a las 09:00 de la mañana a otra cosa...
    De momento no ha salido gran cosa (que se sepa)...lo mas destacado uno esta semana de 1,330 Kg.

    Estaremos pendientes de este y de otros blogs...je,je,je

    Suerte!!!

    Saludos

    ResponderEliminar
  2. Acordate de levar o meu "Ambosores Special". Con ese vouchos coller todos nos pes.

    ResponderEliminar
  3. a ver que tal este ano cas mariconadas que meteron na normativa...pero bueno, o primeiro pesqueino este martes pasado e saiu cun anzol sen morte, non me queixo. Moita sorte con eles!!! saudos

    ResponderEliminar
  4. A darlle duro con eses artefactos caseiros. A ver se un día fas un brico para os riscos de silicona, que por aquí estamos un pouco verdes no asunto.
    Saúdos e sorte.

    ResponderEliminar
  5. Pois este finde démoslle o primeiro toque ó Sor, e persoalmente non puiden estrearme. Iso sí, tiven un par de picadas de reo co risco "sor classic", pero non engancharon ben (polo triple non será...).
    O mellor da xornada foi o estreo reeiro do compañeiro A-Moscón, que sacou un reo de 40 cm e 640 gr, con poucos días de río. Pero de momento moi poucos reos, e río moi baixo para a época do ano.

    Carlos, non houbo sorte pero seguirémolo intentando, isto non fixo máis que empezar..

    Torix perdoa, foiseme a olla, jeje, a ver se a próxima vez...

    Noraboa Pablo polo teu primeiro reo, contigo non poden nin con triples nin sen eles, jeje. ¡A seguir así!

    Jose, cando teña tempo e me poña a facer novos modelos farei esa entrada que me pides, prometido. Pero antes hai que ir probando a súa efectividade... e por desgracia o tempo para pescar con eles é mínimo.

    Saúdos a todos e gracias por comentar

    ResponderEliminar
  6. El pez grande de la foto es una trucha grande y no un reo.

    ResponderEliminar