Recentemente andei a buscar información sobre o cormorán grande, un paxaro cada vez máis habitual nos nosos ríos, e que se alimenta case exclusivamente de peixes, pola contra cada vez máis escasos...
A sorpresa leveina cando vin a seguinte noticia:
O señor Jesús Latas, biólogo da Xunta e principal responsable dos traballos de recuperación do salmón atlántico nos ríos da provincia de Lugo, non dubida en sentenciar que o cormorán non lle afecta para nada ás poblacións de salmón porque, según el, “cando o cormorán está aquí, o salmón está no mar”. INCRIBLE
Francamente nunca me imaxinei a un cormorán papando un salmón de oito ou nove quilos, máis ben imaxínoo (e véxoo no río) poñéndose morado de troitas, panchos, e alevíns e pintos de reo e salmón, que lle son moito máis fáciles de cazar (perdón, pescar) que un salmón adulto. Claro que eu non son biólogo, nin “técnico cualificado” para falar destas cousas, ou sexa que non teño nin puta idea... Pero o que sí que fago é andar polo río, non tanto como me gustaría, pero está claro que ando polo río moito máis que estes técnicos cualificados do carallo. E os que habitualmente paseamos polo Xuvia podemos “disfrutar” da presencia do cormorán grande durante todo o ano (sí Sr. Latas, durante TÓDOLOS MESES DO ANO), e podemos comprobar in situ que este animaliño non respeta nin vedas, nin cupos, nin tallas, nin creo que se pare a diferenciar entre troitas e pintos de salmón.
Claro que os que non somos biólogos non temos nin puta idea, en fin... ASÍ NOS VAI.
Vai oh, outra desas frases que sentencian un feito que solo unha superautoridade recoñece. Vamos quedará tranquilo dicindo isto... e nos como pescadores tamén, UFFFFFF... Claro seguro que o que vexo no río non son cormoranes, son merlos xigantes, como non son biolgo non sabrei diferencialos...
ResponderEliminarA verdade e que cada día que vou o Xubia, dende o 1 de maio o 30 de septembro, día si día tamén vexo algún cormorán. Isto non e unha frase valeira de realiade, e un feito, pese a que algún pseudobiólogo diga o contrario.
O mais sorprendente foi o ano pasado no río SOR entre segade e o refuxio de cascón, atopei 4 cormoranes seguidos ¿¿¿????, non estaban xuntos, cada un solo e separado do seguinte unhos 200-300 metros. Non daba crédito a aquela situación, non entendía que pintaba aquelo alí, o que tiña claro era que non estaban contribuindo a repoblación de reos, troitas e pintos de salmón do sor.
Esa zona do Sor que citas (tramo alto do coto de Segade) está a 20-25 km do mar, seguro que te confundiches e eran corvos que se estaban bañando pola calor que facía, jeje.
ResponderEliminarE de ser cormoranes seguro que os viche pola marxe dereita (provincia da Coruña), porque a marxe de Lugo está perfectamente controlada por biólogos supercualificados como Suso Latas, e se houbera cormoranes seguro que se enteraban.
O ano que ven imos ter que ir ó rio ca escopeta...
http://www.masmar.net/esl/Pesca/M%C3%A1s-Especies/La-UE-se-plantea-sacrificar-miles-de-cormoranes-en-las-zonas-acu%C3%ADcolas
ResponderEliminarhttp://www.trofeopesca.com/noticia/727/Noticias/europa-vota-plan-conjunto-frente-cormoran.html
Estou moi orgulloso nos nosos biologos, vese que son profesionales moi cualificados, e que estudian o tema sobre o terreo,
Na última entrada do ano pasado puxen unhas fotos dun río no que atopei un cormorán morto e outro que saiu voando mentres camiñaba pola beira do río. No embalse das Eiras os teño visto a pescar, aproveitando o baixo nivel para encherse coas troitas que agardan para subir polo río.
ResponderEliminarEn fin, que antes non había os cormoráns nos ríos porque no mar abondaba para todos, pero agora están facendo vida social ata nos embalses do interior da península.
Eu creo que cada especie debe de estar no seu contexto correspondente. Xa bastante fatídico é observar os visóns na costa, nos ríos e nos embalses. Pero o visón americano, non o autóctono.
Saúdos.
Ola Jose, benvido e moitas gracias por comentar.
ResponderEliminarNas nosas costas sempre houbo cormoranes (cormorán moñudo), e teño que recoñecer que me parecían bonitos e me gustaba velos en acción.
O problema é que desde fai algúns anos é frecuente ver nas nosas rías e ríos cormoranes grandes, que proveñen do norte de Europa e son bastante máis grandes e voraces que os cormoranes autóctonos. En principio estes bichos viñan aquí a pasa-lo inverno, pero se ve que se atopan tan cómodos que é posible velos durante todo o ano, e supoño que algúns incluso crían por estas terras.
É curioso que mentres nos seus países de procedencia se adoptan medidas para o control das poboacións (en Dinamarca mátanse uns 3500 cormoráns grandes ó ano), aquí nin sequera se permite a súa caza. Así é normal que cada vez haxa máis cormoranes en Galicia, aquí están protexidos e nos ríos pequenos atopan alimento fácil, máis fácil de pescar que no mar.