jueves, 16 de diciembre de 2010

Posta en marcha

Ola a todos, aquí comeza a andadura deste blog, onde poderemos comentar calquera cousa que sexa do noso interese, pero principalmente relacionado co mundo da pesca.

Para ir abrindo boca, imos facer un pequeno concurso:
¿Vedes a foto de cabeceira da páxina? Pois os que acertedes a especie do peixe, o río e a zona na que foi sacada a foto, entraredes no sorteo dun prototipo de risco fabricado polo "blogmaster". Ala, sorte a todos!

12 comentarios:

  1. Benvidos pescasuso e torixcastro, gracias por participar. A ver se se vai animando algún rosqueiro máis...
    Vou modificar un pelín as normas do concurso: o primeiro que acerte o lugar EXACTO onde foi tomada a foto, levarase o risco automáticamente. De non acertar ninguén o lugar exacto, sortearase entre os que acerten peixe e rio.
    ¿Quedou claro? Adiántovos que o risco é un prototipo diseñado especialmente para rios estreitos...

    ResponderEliminar
  2. Ben labanqueiro, esto sempre e agradable...
    Parece un reo do xubia. No tema do lugar exacto, puff!!!! bastante complicado. Eu a-risco dicindo que e a zona da depuradora marxe dereita río arriba, ahí peta o sol desa maneira e as veces pódense ver.
    P.D.: non estaría de máis algunha pistilla... SALUT

    ResponderEliminar
  3. Benvido A-Moscón!
    Gracias por comentar. Fixeches un bo intento,pero teño que dicirche que non acabo de entender a túa reflexión... Tal e como está aposturado o presunto reo, se a foto fose sacada desde a marxe dereita río arriba, o peixe estaría mirando río abaixo (caso posible se se tratase dun remanso xunto a unha corrente), e xa vos adianto que non é o caso.
    ¿Queriades unha pista? Pois ahí vai:
    no lugar da foto sería moooi complicado sacar unha foto desde a orilla dereita mirando río arriba. E de propina direivos que efectivamente se trata dun reo, pero o do río voumo calar de momento...
    A ver se se apunta algún rosqueiro máis, que habelos hainos... Ah, o plazo para este concurso é ata o 28 de decembro, día no que temos que pedir os cotos de reo coruña, e esta é a última pista, é un río da provincia da Coruña, jeje.

    ResponderEliminar
  4. Xuvia arriba das bombas( onde os labancos se perden de noite nos ramallos...)je je

    ResponderEliminar
  5. Pensa mal e acertarás... rezaban os antigos
    Efectivamente, pensei que tratabas de liarnos un pouco máis... Concretamente na zona que comentei, e detrás duns ramallos do río teño visto varios postos do revés, entendo que polo cambio da corrente no remanso...
    Vou tentar sorte unha vez máis, pero sigo vendo o asunto jarto complicao.
    Aposto por Gradaille, hacia o final da presa, cerca da seguinte ponte existe unha zona non pescable dende a marxe dereita, e do lado esquerdo ,(como moitas zonas do ríopor sorte ou desgracia), ramallada non lle falta...

    ResponderEliminar
  6. Bueno chavales, mañá é o último día para participar no concurso, e a falta de novas incorporacións a cousa está entre pescasuso, torixcastro e A-Moscón. Sorte a todos! E a ver se se anima algún rosqueiro máis, que algún andará por ahí, ou?

    ResponderEliminar
  7. Pois a falta de máis participantes, imos dar por finalizado este mini-concurso inagural. Chegou o momento de dicirvos onde foi sacada a foto de cabeceira do blog, e o lugar en cuestión é a zona baixa do coto de Xuvia, fronte á fábrica Galicia Textil (fronte ás farolas da fábrica). A pista que vos din non era mala, pois para ir pola marxe dereita nese lugar habería que pedir permiso na fábrica textil.
    Así pois temos dous acertantes de peixe e río (reo do Xuvia), que son torixcastro e A-Moscón.
    E O GAÑADOR É.......... (moeda ó aire)...torixcastro!!! Noraboa, pronto recibirás o prototipo "RISCOPPER AMBOSORS SPECIAL", do que colgarei unhas fotos próximamente. Saudos!

    ResponderEliminar
  8. Qué magoa que acabe de descubrir este blog, porque para dúas veces que pesquei no Xuvia, tiña esas polas na mente jejeje.
    Benvido a comunidade.

    P.D:Agrégote ós meus favoritos porque me da que este vai a ser un blog de categoría.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  9. Tranquilo Jose, seguro que haberá outros concursos polo estilo.
    E gracias pola confianza depositada neste humilde blog, a ver se teño o tempo necesario para actualizalo e ir mellorando pouco a pouco.

    Un cordial saúdo.

    ResponderEliminar