sábado, 15 de enero de 2011

Ecoloxistas iluminados

Navegando pola rede atopeime ca web de WWF España. Nun primeiro momento pensei: WWF… ¿a qué me sona isto? Ah sí, World Wrestlin Federation, Pressing Catch! (Hulk Hogan, el Último Guerrero, El Enterrador, os Nasty Boys…) Ostias a tutiplé, jejeje.

Pois non, resulta que WWF-España é un grupo dos chamados ecoloxistas, antes coñecido como WWF-Adena. Esta asociación leva a cabo una campaña chamada “Liberando ríos”, mediante a cal propón eliminar una serie de presas en todo o territorio español, logo de un exhaustivo estudio sobre máis de 8.000 presas. Copio e pego un resumo de dita iniciativa que atopei noutra páxina (www.universalocean.es):

Liberando ríos es una audaz propuesta de la WWF: 20 presas demolidas, 15 ríos liberados. Es la sugerencia de la organización según su nuevo informe, en el cual se analiza minuciosamente la situación actual de 8 mil infraestructuras en toda España. Luego de un estudio exhaustivo, la organización ha seleccionado 20 presas, entre otros obstáculos, que deberían ser demolidos de forma inmediata. 
La campaña de WWF pretende restaurar los ríos de España para mantener su biodiversidad, reconstruyendo los ecosistemas afectados por las presas. Con este objetivo, ha realizado un análisis pionero para determinar cuáles son las infraestructuras que deberían ser derribadas de inmediato.
Con la ayuda de un mapa interactivo, WWF explicó que las 20 presas seleccionadas son representativas de los principales problemas asociados a estas infraestructuras: presas obsoletas, en ruinas o de fuerte impacto ambiental. A saber:
  1. Presa de las Librerías. Pesca protegida 
  2. Presa de Los Tilos. Pesca protegida 
  3. Presa de La Tosca. Pesca protegida 
  4. Presa de El Torcón. No funcional. Obsoleta 
  5. Presa del El Torcón II. No funcional 
  6. Presa de Gil García.     En desuso 
  7. Azud de Barbellido. Ilegal 
  8. Presa de Buijoso.Obsoleta 
  9. Presa de Mezalocha. Existen alternativas 
  10. Presas de Alcalá del Río y Cantillana. Peces migradores 
  11. Azud del Nacimiento.  Impacto pesca protegida 
  12. Presa de El portillo. Mantenimiento inviable. 
  13. Presa de San Clemente. Sobredimensionada 
  14. Azud de Pikoaga. En desuso 
  15. Azud de Santiago. En desuso 
  16. Azud de Mendaraz. En desuso 
  17. Presa de Molló. Sin concesión 
  18. Dique del Granaíno. Pesca protegida 
  19. Presa de A Baxe. Problemas legales 
  20. Presa de Arganzo. Migración Salmón
El objetivo de esta campaña es lograr que se cumpla la Directiva Marco del Agua, eliminando los graves impactos que generan ciertas presas en determinadas condiciones sobre el medio ambiente. Por ejemplo, la fragmentación de los ríos y la amenaza a las especies que no pueden completar su ciclo vital, como es el caso del salmón que se encuentra con esta barrera artificial cuando intenta alcanzar sus lugares de desove.
Creemos que el tabú contra los derribos tiene que desaparecer, ya que el proceso de eliminación de presas no sólo sirve para restaurar ecosistemas dañados, sino también para generar empleo ambientalmente sostenible. En la mayoría de los casos, tal como se desprende del informe, es más barato derribar una presa que mantenerla o repararla, explicó Juan Carlos del Olmo, Secretario General de WWF España.

A miña sorpresa foi maiúscula cando me din conta de que a presa nº 20 era a presa de Arganzo, no noso querido río Sor:

http://assets.wwf.es/downloads/20_arganzo.pdf

Para estes ecoloxistas iluminados, a presa de Arganzo é una das 20 presas que máis urxe derribar en toda España, porque según eles “Se trata de un obstáculo de imposible remonte para los peces, al ser una presa de importantes dimensiones que no dispone de ningún dispositivo de franqueo”.
Diossss, que atrevida é a ignorancia! Os que coñecemos este río e esta presa en particular, sabemos de sobra que os reos non teñen problema ningún á hora de sortear este obstáculo. Somentes suporía un obstáculo importante en épocas de forte sequía, pero nesas condicións os reos nin sequera intentan remonta-lo río, prefiren agocharse nos pozos profundos a esperar a que chova. E o mesmo ocorrería co salmón, no caso de que algún chegara ata alí…

Nun primeiro momento ler este tipo de cousas prodúceme risa, pero logo me imaxino o poder mediático que ten esta xente, ou a influencia que poden ter nos políticos, e a verdade é que me asusto. Sácanse teorías da manga, ás veces apoiadas por algún técnico cualificado, e tómanas como verdades indiscutibles, sen contar coa xente que de verdade coñece de cerca os problemas, que no caso dos ríos son os ribereños e os pescadores, ademáis dos poucos gardarríos de verdade que quedan.

Neste blog sacarémoslle punta a tódalas teorías sacadas da manga que vexamos publicadas nos distintos medios, e que afecten a ríos que coñecemos e queremos, e falando sempre con coñecemento de causa, como xa fixemos no caso do cormorán.

4 comentarios:

  1. Hola a todos. A cerca dos ecoloxistas e demais teño un pensamento parecido o comentado neste blogg por Labanqueiro. Isto que sucvede e normal, teñen que gañar o seu pan tamén dunha maneira ou outra. Teñen que xustificar que fan algo. Eu o que sei e que moitos días do ano estoy no medio da natureza, pode ser pescando (tanto en zonas fluviais, maritimas ou en desembocaduras), facendo senderismo ou simplemente paseando e faltame a primeira vez que me atopei cun ecoloxista e cun garda contadas veces. O meu resumen e que para ter algo de idea da natureza e todo o que a rodea hai que estar nela e coñecela. Os ecoloxistas en gran parte son de oficina e así nos vai.Salu2

    ResponderEliminar
  2. Pesco desde hay tempo este río e realmente tiven que pensar se o impacto da presa no río era positivo ou negativo, co cal entendo que vai ser igual que esté ou non. Casi diría que mellor que non estivera, por evitar que en condicións de choiva e POUCO caudal, os salmonidos que cheguen ata ribeiras do bispo (remontarán con facilidade) e rápidamente a arganzo queden por alí sen poder remontar. Problema e que non teñen donde agocharse como dios manda por debaixo da presa.
    En positivo no lle vexo utilidade clara, así que se a tiran mellor. Iso si, estou seguro o dicir que non e unha prioridade como presa insalbable nin cousa que se lle pareza, que gasten mellor os medios en outros rios con mais xustificación e se se aburren que vaian por esta. SALUT

    ResponderEliminar
  3. Para min as pequenas presas tradicionais dos nosos ríos sí teñen cousas beneficiosas. Para empezar son elementos etnográficos importantes, é dicir, dannos información de cómo era a vida dos nosos ancestros (eu mesmo ía de pequeno coa miña avoa a moer trigo nun muíño similar ó de Arganzo), e máis aínda neste caso, no que tanto presa como muíño están en perfecto estado e funcionando.
    Ademáis, estas presas serven de refuxio para os peixes de maior tamaño, sobre todo en épocas de escaso caudal.
    Ah, e tamén serve para que algún troiteiro vaia a florear os seus moscóns, e non miro para ninguén...

    ResponderEliminar
  4. E unha opinión respetable, pero sigo pensando que a mao do home na natureza ten impacto negativo sempre. As grandes troitas pódense refuxiar en pozos naturais que hai polo río, lugar no que os de moscón deberemos ir a buscalas e tentalas.
    Os muiños foron unha necesidade, como tamén era unha necesidade a electridade no progreso e na evolución. Facendo unha esaxeración, se comparamos o impacto, podemos entender ambas actuacións como un xeito de obter un beneficio a costa de alterar os recursos naturais. Actualmente ningunha das duas actuaciós e imprescindible, existen opciós mais respetuosas. Como sempre se di evolucionar ten un prezo que neste caso pagan os nosos ríos e regatos.
    Estou de acordo en respetar e conservar os muiños como patrimonio e recordo das antigas costumes, pero as presas non remontables ou dificilmente remontables, e as minicentrais (xa que falei delas) para min sobran todas, en beneficio, por unha maldita vez, da vida fluvial.
    SALUT

    ResponderEliminar