miércoles, 12 de enero de 2011

OS GRANDES... ¡A RISCO!

Espero que esta sexa a primeira dunha serie de entradas sobre a pesca do reo (unha das nosas preferidas), e principalmente sobre os cebos ou señuelos que máis usamos para tentalos.

Imos comezar poñendo unas fotos dos riscos que estamos montando últimamente, que seguro conseguirán alguna picada espectacular a próxima tempada, e confirmarán a nosa teoría de que os grandes saen a risco.

Nin que decir ten que o seu uso debe limitarse á pesca nocturna, pois a plena luz ningún peixe tería o valor de atacarle a isto:

 

Este é o meu favorito, para face-lo molde do corpo usei un pemento de padrón. Seguro que este modelo vai ben no río Ulla ó seu paso por Herbón, habería que ir un día ata alí para probalos…


2 comentarios:

  1. Penso que calquera deles ten boa pinta, sobre todo vendo algún que che cobran case a 4 euros e con pinta de "cacho de suela de zapatilla blanca con 3 pelos de corvo". Veremos resultados

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida que veremos resultados, persoalmente non penso parar ata pillar un labanco con algún destes modelos, sexa polo civil ou polo criminal...jejej

    ResponderEliminar