sábado, 21 de mayo de 2011

¿POR QUÉ NON PICAN OS SALMÓNS DO MANDEO?


Este ano o Mandeo arrancou ben, colléronse tres salmóns na primeira semana de pesca, e iso facía tempo que non pasaba. O novo contador instalado na escala da presa disque xa funciona, e os gardas comentan que hai salmonada... Pero estes días, aínda coincidindo con mareas moi boas, non se colleu nada.  ¿Por qué? Pois aquí téde-la resposta:
Este sábado fomos a tropa para alá, e de tanto que mallamos todo o día en Chelo (e en menor medida na Insua), penso que se había algún salmón por alí xa quedaría  espantado  para o que resta de tempada, jeje… Ahí van as probas do delito:

A “piscina” de Chelo, coma sempre, moi concorrida

Un lucense espantando todo… jeje
Mallando a cebo no cabeceiro de Chelo

"Sol e sombra" (quisquilla viva con miñocas)
 
E veña a mallar…

Coma sempre, un dos mellores momentos do día…

A continuación,  vouvos amosar o noso lance máis repetido cando “pescamos” salmón a cebo, ahí vai a secuencia completa:

Pousando a quisquilla na tona da auga
Non pode ser… ¿xa enganchou?
Parece que sí…
¡Merdaaaaaaaaaaaa!
Resignación, outra vez a romper e montar de novo, puffff!

Así que xa sabedes: se ides ó Mandeo e mallades en Chelo e na Insua a dolor, e non bos pica nada de nada, que non vos conten milongas de que se vai o río moi baixo, se é que tiña que chover, se é que a lúa cadra mal… a verdadeira razón é que pasamos nós por alí, e cando nos poñemos a mallar somos peores que o cabalo de Atila. Avisados estades...

6 comentarios:

  1. Pai que vos fixo...Espantades todo.

    ResponderEliminar
  2. Boas...
    Vendo a tua explicación...debe ser que o mercores antes de ir vos, fun eu, e xa mallei todo o que puiden...volveme a tocar o 31...

    As espectativas son poucas!!!

    Saudos

    ResponderEliminar
  3. Pois aínda tiñades tempo de darlle na Pena da Cabra, no Mosteirón e nalgún pozo de máis arriba.
    Pero Chelo é moito Chelo jejeje
    Polo menos pasástelo ben.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  4. En anos anteriores pasounos que, despois de mallar duro en Chelo, ó cambiar nós de sitio chegou outro pescador e pillou un salmón alí. Isto pasounos os últimos dous anos que pescamos no Mandeo, así que decidimos que este ano non nos ía volver a pasar, e mallamos en Chelo case todo o día, facendo algún turno para ir mallar á Insua. ¡Ou pra nós ou pra ninguen! jeje.
    Que conste que non foi a nosa intención apropiarnos das posturas todo o día, e ofrecinlle o sitio a algún que outro pescador que se achegou xunta min.

    Saúdos a todos, e gracias por tomarvos a molestia de deixar un comentario

    ResponderEliminar
  5. que pena que esa foto coa cana doblada non faga platear algo no fondo, algún día será...
    seguirémolo intentando seguro que con menos calidade que o que colleu o 4º do mandeo pero sacando a máquina de mallar, a ver se se engaña algún...

    ResponderEliminar
  6. BUENO,
    ESTOU SORPRENDIDO,CREO QUE E A PRIMEIRA VEZ QUE VEXO PESCAR (OU INTENTAR) PESCAR UN SLMON A CEBO NA CABEZA DA PISCINA DE CHELO....VER PRA CREER

    ResponderEliminar