Este ano o Mandeo arrancou ben, colléronse tres salmóns na primeira semana de pesca, e iso facía tempo que non pasaba. O novo contador instalado na escala da presa disque xa funciona, e os gardas comentan que hai salmonada... Pero estes días, aínda coincidindo con mareas moi boas, non se colleu nada. ¿Por qué? Pois aquí téde-la resposta:
Este sábado fomos a tropa para alá, e de tanto que mallamos todo o día en Chelo (e en menor medida na Insua), penso que se había algún salmón por alí xa quedaría espantado para o que resta de tempada, jeje… Ahí van as probas do delito:
A “piscina” de Chelo, coma sempre, moi concorrida
Un lucense espantando todo… jeje
Mallando a cebo no cabeceiro de Chelo
"Sol e sombra" (quisquilla viva con miñocas)
E veña a mallar…
Coma sempre, un dos mellores momentos do día…
A continuación, vouvos amosar o noso lance máis repetido cando “pescamos” salmón a cebo, ahí vai a secuencia completa:
Pousando a quisquilla na tona da auga
Non pode ser… ¿xa enganchou?
Parece que sí…
¡Merdaaaaaaaaaaaa!
Resignación, outra vez a romper e montar de novo, puffff!
Así que xa sabedes: se ides ó Mandeo e mallades en Chelo e na Insua a dolor, e non bos pica nada de nada, que non vos conten milongas de que se vai o río moi baixo, se é que tiña que chover, se é que a lúa cadra mal… a verdadeira razón é que pasamos nós por alí, e cando nos poñemos a mallar somos peores que o cabalo de Atila. Avisados estades...
Pai que vos fixo...Espantades todo.
ResponderEliminarBoas...
ResponderEliminarVendo a tua explicación...debe ser que o mercores antes de ir vos, fun eu, e xa mallei todo o que puiden...volveme a tocar o 31...
As espectativas son poucas!!!
Saudos
Pois aínda tiñades tempo de darlle na Pena da Cabra, no Mosteirón e nalgún pozo de máis arriba.
ResponderEliminarPero Chelo é moito Chelo jejeje
Polo menos pasástelo ben.
Saúdos
En anos anteriores pasounos que, despois de mallar duro en Chelo, ó cambiar nós de sitio chegou outro pescador e pillou un salmón alí. Isto pasounos os últimos dous anos que pescamos no Mandeo, así que decidimos que este ano non nos ía volver a pasar, e mallamos en Chelo case todo o día, facendo algún turno para ir mallar á Insua. ¡Ou pra nós ou pra ninguen! jeje.
ResponderEliminarQue conste que non foi a nosa intención apropiarnos das posturas todo o día, e ofrecinlle o sitio a algún que outro pescador que se achegou xunta min.
Saúdos a todos, e gracias por tomarvos a molestia de deixar un comentario
que pena que esa foto coa cana doblada non faga platear algo no fondo, algún día será...
ResponderEliminarseguirémolo intentando seguro que con menos calidade que o que colleu o 4º do mandeo pero sacando a máquina de mallar, a ver se se engaña algún...
BUENO,
ResponderEliminarESTOU SORPRENDIDO,CREO QUE E A PRIMEIRA VEZ QUE VEXO PESCAR (OU INTENTAR) PESCAR UN SLMON A CEBO NA CABEZA DA PISCINA DE CHELO....VER PRA CREER