jueves, 31 de marzo de 2011

VOLTAMOS Ó MUNDO REAL: PRIMEIRO ROSCO.


Este fin de semana presentábase ben. Despois dun primeiro día memorable, no que puidemos pescar un gran coto dun gran río (logo de que nos tocara un moi bo número no sorteo), tocaba agora probar sorte nos nosos ríos máis frecuentados nas últimas campañas. A climatoloxía a priori era favorable, aire do sur e nubes para o sábado pola mañá, e auga o resto, con temperaturas bastante boas.
SÁBADO
A carallada do venres noite tivo bastante culpa, o caso é que quedei durmido e non acudín á cita acordada cos compañeiros, e non cheguei ó río ata as 10:00. Pesquei tres horas, a cucharilla, e collín dúas troitas de 23 cm, e outras dúas picadas de troitas algo menores. Pensei bueno… non está nada mal! para chegar tarde e estar de resaca… non me merecía máis ca iso.
Unha das dúas que chegaron ás miña mans...

Bonitos sitios que non quixeron dar ningunha pintona...

Pensei: seguro que estes pillaron una boa troitada, tendo en conta que pescaron dúas horas máis ca min, e que pescan bastante mellor ca min… troitada seguro!
Logo de que me adiantase outro cucharilleiro, e como se achegaba a hora de comer, din a volta e fun baixando pola beira facendo algún lance que outro, ata que atopei a estes dous fenómenos…
Pois resulta que entre os dous non colleran máis que tres en toda a mañá, unha delas bonita iso sí, pero o resultado final do día foi bastante decepcionante. Ademáis, a práctica ausencia de pescadores no río (o primeiro sábado da tempada!!!) non é bo sinal, se houbera moitas troitas sería outro cantar…
Fomos comer un chuletón e ahí empezou o diluvio que se prolongaría durante horas, así que decidimos ir pra casa e quedar para o día seguinte.
DOMINGO
O domingo quedei ben cedo con A-Moscón, e fomos a un río cabrón, coa esperanza de que estivera turbio e un pouco crecido, pois nesas condicións un día tiven a sorte de facer unha boa pescata alí (con lavanco incluído). Cando chegamos baixamos rápidamente a mirar, a pesar de que aínda había moita oscuridade… estaba PERFECTO, e o día estaba ben tamén, hoxe podía ser un gran día e a emoción invadíame, hai que mallar que hoxe tenas que dar!

Mallamos toda a mañá e nin picada, ROSCO TOTAL, que río máis fillo de puta, non lle volvo máis!!! Tódolos anos digo o mesmo cando pesco este río, pero o desta vez doeume especialmente, porque ese día parecía que estaba todo perfecto e… rosco. Ademáis, moi poucos pescadores. No tramo que pescamos vimos a dous cucharilleiros (rosco os dous) e un miñoqueiro (rosco tamén). Non sei se o cormorán que vimos sair da auga collería algo, pero coa cana non se colleu nada, que saibamos…
Pescador de salmón a cebo, con gancheiro subindo a unha póla para avista-los salmós, jajaa

Así que fixemos o primeiro rosco, que nos pon no noso sitio despois dun arranque atípico. Agora está claro, aquelo foi un espexismo, a realidade é ben diferente, por desgracia…

martes, 22 de marzo de 2011

EMPEZAMOS BEN

Por fin chegou o primeiro día de pesca. Este ano non quería empeza-la tempada cun rosco, así que fixen todo como había que facelo:
O día anterior preparei  todo, a última hora e arrastro: pillei a cana de ballesta tal cual a tiña montada desde finais da tempada anterior, un par de voltas ó carrete para comprobar que segue funcionando (milagrosamente), comprobo que o sedal está medio podre e pra o coche. Pillo o vadeador e as botas, e doume conta  de que unha das suelas de fieltro está medio colgando, así que soluciono o problema cun pouco loctite e andando. ¿Qué me falta? Ostiá o chaleco!!!!!! Pillo o chaleco, métolle un lote de rapalas (entre 15 e 25), a caixa das cucharillas tal cual a tiña para os reos,  unhas poucas cucharillas máis por se acaso, a licencia, os permisos, e una bobina de sedal sen estrear pero comprada o ano/s anterior/es (detalle importante). E de todo esto ó final usar só dúas cucharillas, bueno tres que unha engancheina e perdina… Ala, todo para o maletero e carretera.
Día seguinte. Cando soa o despertador eu xa estou desperto. É 20 de marzo, primeiro día de pesca, e esa noite nunca foi de durmir moito…
Arranco a reunirme co resto da cuadrilla, somos catro en total e temos que poñer rumbo ó río canto antes. Como é habitual todo dios chega tarde menos eu, e cando chegamos ó río xa case non había onde deixa-lo coche, cambiámonos con calma e empezamos a pescar a iso das 7:45 creo. O día amanece nublado, con temperatura agradable desde primeira hora, o río co caudal perfecto para pescalo a cuchara, e as augas un pelín tomadas. PERFECTO.
Ó pouco de empezar, A-Moscón colle a primeira troita, pero non a colle a moscón senón a rapala. Suso e rooscoman mallan a rapala tamén e eu deixo posta a cucharilla. Ás 8:20 collo a primeira troita, e pouco despois outras dúas. Confirmado, era un día caralludo e había que disfrutalo. A iso das 10 empezou a petar o sol, e o ritmo de picadas baixou considerablemente, pero a base de mallar ben as posturas ían saíndo algunhas pintonas a alegrarnos a mañá.
A iso das 12:00 fixemos unha paradiña para picar algo,  A-Moscón fixo un lance sentado na herba e zas! clavou a que por entonces era a troita nº 20 do día, una cifra que o día anterior firmariamos sen dudalo. A anécdota da troita sentado fixo que nos animaramos a saca-los móviles para tirar unhas fotos:


Hoxe o día estaba saíndo bo, así que dímo-la volta e voltamos pescando cara o coche, era hora de enche-lo bandullo e coller forzas para intentar face-lo cupo pola tarde. E así foi, despois de comer voltamos para o río, e en pouco tempo todos completamos o cupo de oito troitas que tiña o coto. 4 de 4. Memorable.
Sen dúbida o noso mellor arranque troiteiro desde fai uns cantos anos, que nos permite soñar cunha gran tempada, polo menos ata que fagamos o primeiro rosco e volvamos á crúa realidade.
E xa sabedes, o sábado que ven todo dios co sedal podre do ano pasado, xa veredes como así pican a dolor.

Ah, por certo, ó final a suela de fieltro despegouse (lóxico fracaso da operación loctite) sen eu darme conta, e ó subirme a unha pedra esvarei e zoupei coa rodilla, coa correspondente molleira. Molleira parcial, pois o meu vadeador "transpirable" de 80 € respondeu perfectamente.
Ala, ata a próxima, que seguramente será nun río máis pequeno, e tamén máis capoteiro...

viernes, 25 de febrero de 2011

XOGO DE PESCA

Xa falta menos dun mes para o comezo da tempada troiteira 2011! Mentres tanto, e para que vaiades sacando o mono, déixovos uns enlaces para que baixedes o Rapala Pro Fishing. Está en inglés pero ben se entende.




As descargas están postas para evaluación, así que se non tedes o orixinal deberédelo borrar ás 24 horas de descargalo. Sede bueniños eh?

jueves, 24 de febrero de 2011

SOLUCIÓN Ó CONCURSO "RÍO E POZO"

Como xa pasaron dúas semanas desde que se publicou a foto-concurso "río e pozo", e visto que non aparecen novos participantes, imos dar o concurso por finalizado. Antes de dárvo-la solución, vou poñer outra foto, sacada desde o mesmo sitio pero enfocando río arriba:


Agora está máis claro, ¿non? Efectivamente trátase de Cal Grande, no coto de Ombre, no archicoñecido río Eume. Ou como dixo o amigo Juan Rosco (rooscoman), "o pozo que hai xusto no refuxio", refuxio reconvertido en centro de precintaxe e que os gardas teñen pechado case todo o día (é ben sabido que a gardería do Eume traballa menos que un rapala chino de decathlon, jeje).
Noraboa rooscoman! Podes escoller entre un dos modelos que se ven na entrada "os grandes... ¡a risco!".

De paso vouvos poñer algunha foto máis deste precioso río, del e das súas desgracias falaremos próximamente...







miércoles, 16 de febrero de 2011

O MUNDO Ó REVÉS

Atención á foto:


Ahí o tedes, un salmonazo (non colle na caixa) exposto coma un peixe máis, esperando a súa subasta nunha lonxa de Galicia. Neste caso trátase da lonxa de Laxe, esta foto está sacada da súa web, e encima presumen de que alí é posible ver un salmón á venda!
Non sei se será tan escandaloso e repugnante coma o caso acontecido no río Ulla o ano pasado, no que trincaron por casualidade a un empregado da gardería que collía salmóns no capturadeiro de Ximonde, para logo vendelos a un restaurante. Un deses salmóns tiña un chip que guiou ós gardas ata un galpón do restaurante, senón fose por iso a saber cantos salmón podería seguir roubando...
Rías plagadas de redes e trasmallos, buceadores nocturnos e demáis furtivos actuando impunemente por falta de vixiancia, da calidade das augas mellor nin falar...

¿E qué medidas se toman para combatir estas lacras dos ríos? Ningunha.
En cambio nalgúns ríos deixan á beira da prohibición os señuelos de spinning máis usados (cucharilla, risco, rapala e semellantes). O problema somos os pescadores, coma sempre.

Desde que saiu a lei de pesca fluvial fai case 20 anos, os dereitos dos pescadores víronse recortados sistemáticamente, recortes que case sempre asumimos sen problema ningún, porque como pescadores somos os primeiros que queremos que os ríos estean en condicións e haxa peixes neles.
Pero o problema é que eses esforzos non se ven recompensados en absoluto, porque cada ano hai menos peixe nos nosos ríos... e algúns estamos empezando a estar ata os collós! Tantos recortes estúpidos para os pescadores deportivos, ¿para qué? Para que en canto se faga de noite baixen os furtivos a acabar con todo, e que os alevíns dos que crían os papen os cormoráns...
¡Señores! Se non vixían os ríos polo menos déixennos pescar como dios manda, sen tantas prohibicións estúpidas. Que parece que vivimos no mundo ó revés.

jueves, 10 de febrero de 2011

RÍO E POZO


Pois iso, o que acerte o río e o pozo da fotografía levarase un risco, de eficacia nada probada pero cunha pinta caralluda... Por certo, o risco leva un triple que este ano estará prohibido nos ríos declarados como salmoneiros, logo se vos multan non digades que non avisei!

jueves, 3 de febrero de 2011

ORDE DE VEDAS 2011 GALICIA

Onte saiu publicada no DOGA a orde de vedas para a tempada de pesca fluvial 2011. Podédela descargar  de aquí abaixo pulsando en "download", ou vela a pantalla completa pulsando en "fullscreen". Xa sei que parece evidente, pero me consta que hai algún que outro seguidor do blog que non se leva moi ben coa informática... (nin co inglés) jeje.

Para os máis vagonetas fágovos un resumo das principais novedades:

- REO: Aumento da talla mínima legal a 35 cm.

- SALMÓN: A partires do 1 de xuño, tódolos cebos artificiais deberán estar provistos de anzois simples (nada de triples nos rapalas nin moscas con doble ou triple gancho). Coma sempre, a cucharilla terá que ser menor de 6,5 cm e montada en sedal do 0,20 ou menor.

- TRAMOS DE PESCA SEN MORTE: Inclúense novos tramos troiteiros de pesca sen morte. Dos ríos que máis frecuentamos na nosa cuadrilla, destacan o do río Anllo (da estrada N-634 cara abaixo, 4,1 km) e o do Azúmara (da ponte da Barxa ata o río Miño, creo que era o tradicional vedado, de 5,6 km).

Orde Vedas 2011 Galicia

jueves, 27 de enero de 2011

Seguimos a voltas cos cormoranes...

Déixovos uns videos nos que se pode apreciar a voracidade destes bichos. Non se limitan a comer crías de peixes, senón que tamén se atreven con algúns de tamaño respetable:






E deixo tamén un enlace a un foro onde se está debatindo sobre o cormorán estes días:

http://www.conmosca.com/modules.php?mop=modload&name=Splatt_Forums&file=viewtopic&topic=12299&forum=2

sábado, 15 de enero de 2011

Ecoloxistas iluminados

Navegando pola rede atopeime ca web de WWF España. Nun primeiro momento pensei: WWF… ¿a qué me sona isto? Ah sí, World Wrestlin Federation, Pressing Catch! (Hulk Hogan, el Último Guerrero, El Enterrador, os Nasty Boys…) Ostias a tutiplé, jejeje.

Pois non, resulta que WWF-España é un grupo dos chamados ecoloxistas, antes coñecido como WWF-Adena. Esta asociación leva a cabo una campaña chamada “Liberando ríos”, mediante a cal propón eliminar una serie de presas en todo o territorio español, logo de un exhaustivo estudio sobre máis de 8.000 presas. Copio e pego un resumo de dita iniciativa que atopei noutra páxina (www.universalocean.es):

Liberando ríos es una audaz propuesta de la WWF: 20 presas demolidas, 15 ríos liberados. Es la sugerencia de la organización según su nuevo informe, en el cual se analiza minuciosamente la situación actual de 8 mil infraestructuras en toda España. Luego de un estudio exhaustivo, la organización ha seleccionado 20 presas, entre otros obstáculos, que deberían ser demolidos de forma inmediata. 
La campaña de WWF pretende restaurar los ríos de España para mantener su biodiversidad, reconstruyendo los ecosistemas afectados por las presas. Con este objetivo, ha realizado un análisis pionero para determinar cuáles son las infraestructuras que deberían ser derribadas de inmediato.
Con la ayuda de un mapa interactivo, WWF explicó que las 20 presas seleccionadas son representativas de los principales problemas asociados a estas infraestructuras: presas obsoletas, en ruinas o de fuerte impacto ambiental. A saber:
  1. Presa de las Librerías. Pesca protegida 
  2. Presa de Los Tilos. Pesca protegida 
  3. Presa de La Tosca. Pesca protegida 
  4. Presa de El Torcón. No funcional. Obsoleta 
  5. Presa del El Torcón II. No funcional 
  6. Presa de Gil García.     En desuso 
  7. Azud de Barbellido. Ilegal 
  8. Presa de Buijoso.Obsoleta 
  9. Presa de Mezalocha. Existen alternativas 
  10. Presas de Alcalá del Río y Cantillana. Peces migradores 
  11. Azud del Nacimiento.  Impacto pesca protegida 
  12. Presa de El portillo. Mantenimiento inviable. 
  13. Presa de San Clemente. Sobredimensionada 
  14. Azud de Pikoaga. En desuso 
  15. Azud de Santiago. En desuso 
  16. Azud de Mendaraz. En desuso 
  17. Presa de Molló. Sin concesión 
  18. Dique del Granaíno. Pesca protegida 
  19. Presa de A Baxe. Problemas legales 
  20. Presa de Arganzo. Migración Salmón
El objetivo de esta campaña es lograr que se cumpla la Directiva Marco del Agua, eliminando los graves impactos que generan ciertas presas en determinadas condiciones sobre el medio ambiente. Por ejemplo, la fragmentación de los ríos y la amenaza a las especies que no pueden completar su ciclo vital, como es el caso del salmón que se encuentra con esta barrera artificial cuando intenta alcanzar sus lugares de desove.
Creemos que el tabú contra los derribos tiene que desaparecer, ya que el proceso de eliminación de presas no sólo sirve para restaurar ecosistemas dañados, sino también para generar empleo ambientalmente sostenible. En la mayoría de los casos, tal como se desprende del informe, es más barato derribar una presa que mantenerla o repararla, explicó Juan Carlos del Olmo, Secretario General de WWF España.

A miña sorpresa foi maiúscula cando me din conta de que a presa nº 20 era a presa de Arganzo, no noso querido río Sor:

http://assets.wwf.es/downloads/20_arganzo.pdf

Para estes ecoloxistas iluminados, a presa de Arganzo é una das 20 presas que máis urxe derribar en toda España, porque según eles “Se trata de un obstáculo de imposible remonte para los peces, al ser una presa de importantes dimensiones que no dispone de ningún dispositivo de franqueo”.
Diossss, que atrevida é a ignorancia! Os que coñecemos este río e esta presa en particular, sabemos de sobra que os reos non teñen problema ningún á hora de sortear este obstáculo. Somentes suporía un obstáculo importante en épocas de forte sequía, pero nesas condicións os reos nin sequera intentan remonta-lo río, prefiren agocharse nos pozos profundos a esperar a que chova. E o mesmo ocorrería co salmón, no caso de que algún chegara ata alí…

Nun primeiro momento ler este tipo de cousas prodúceme risa, pero logo me imaxino o poder mediático que ten esta xente, ou a influencia que poden ter nos políticos, e a verdade é que me asusto. Sácanse teorías da manga, ás veces apoiadas por algún técnico cualificado, e tómanas como verdades indiscutibles, sen contar coa xente que de verdade coñece de cerca os problemas, que no caso dos ríos son os ribereños e os pescadores, ademáis dos poucos gardarríos de verdade que quedan.

Neste blog sacarémoslle punta a tódalas teorías sacadas da manga que vexamos publicadas nos distintos medios, e que afecten a ríos que coñecemos e queremos, e falando sempre con coñecemento de causa, como xa fixemos no caso do cormorán.

miércoles, 12 de enero de 2011

OS GRANDES... ¡A RISCO!

Espero que esta sexa a primeira dunha serie de entradas sobre a pesca do reo (unha das nosas preferidas), e principalmente sobre os cebos ou señuelos que máis usamos para tentalos.

Imos comezar poñendo unas fotos dos riscos que estamos montando últimamente, que seguro conseguirán alguna picada espectacular a próxima tempada, e confirmarán a nosa teoría de que os grandes saen a risco.

Nin que decir ten que o seu uso debe limitarse á pesca nocturna, pois a plena luz ningún peixe tería o valor de atacarle a isto:

 

Este é o meu favorito, para face-lo molde do corpo usei un pemento de padrón. Seguro que este modelo vai ben no río Ulla ó seu paso por Herbón, habería que ir un día ata alí para probalos…


martes, 4 de enero de 2011

RISCOPPER AMBOSORS SPECIAL

Aquí vos deixo unhas fotos deste prototipo de risco:



Materiais:
- Corpo de silicona
- Plumas intermedias (riscadoras): galiña de Guinea
-Plumas traseiras: sustituto de cóndor
- Anzuelo triple: Mustad nº 4

Prezo aproximado dos materiais: 2 €

Espero que lle proporcione moitas e grandes capturas este ano a torixcastro, afortunado gañador do concurso inagural do blog.

miércoles, 22 de diciembre de 2010

Cormoranes e biólogos



Recentemente andei a buscar información sobre o cormorán grande, un paxaro cada vez máis habitual nos nosos ríos, e que se alimenta case exclusivamente de peixes, pola contra cada vez máis escasos...
A sorpresa leveina cando vin a seguinte noticia:


O señor Jesús Latas, biólogo da Xunta e principal responsable dos traballos de recuperación do salmón atlántico nos ríos da provincia de Lugo, non dubida en sentenciar que o cormorán non lle afecta para nada ás poblacións de salmón porque, según el, “cando o cormorán está aquí, o salmón está no mar”. INCRIBLE

Francamente nunca me imaxinei a un cormorán papando un salmón de oito ou nove quilos, máis ben imaxínoo (e véxoo no río) poñéndose morado de troitas, panchos, e alevíns e pintos de reo e salmón, que lle son moito máis fáciles de cazar (perdón, pescar) que un salmón adulto. Claro que eu non son biólogo, nin “técnico cualificado” para falar destas cousas, ou sexa que non teño nin puta idea... Pero o que sí que fago é andar polo río, non tanto como me gustaría, pero está claro que ando polo río moito máis que estes técnicos cualificados do carallo. E os que habitualmente paseamos polo Xuvia podemos “disfrutar” da presencia do cormorán grande durante todo o ano (sí Sr. Latas, durante TÓDOLOS MESES DO ANO), e podemos comprobar in situ que este animaliño non respeta nin vedas, nin cupos, nin tallas, nin creo que se pare a diferenciar entre troitas e pintos de salmón.
Claro que os que non somos biólogos non temos nin puta idea, en fin... ASÍ NOS VAI.


lunes, 20 de diciembre de 2010

¡Bo nadal!


Felices festas a todos, tede coidado coas copas (ou mellor non, que senón non ten chiste), e que vos traian moitas cousas os "tres labancos magos"...jejej.
Eu este ano xa sei o que lles vou pedir, espero que mo traian en maio, e non é outra cousa que o labanco que falta no noso palmarés, ese soñado salmón que se nos resiste ano tras ano... Desde logo, se cae este ano coa merda de cotos que imos coller, sen dúbida será gracias ós tres labancos magos.
Pois iso, bo nadal, feliz 2011 e, sobre todo, moi boa pesca!

jueves, 16 de diciembre de 2010

Posta en marcha

Ola a todos, aquí comeza a andadura deste blog, onde poderemos comentar calquera cousa que sexa do noso interese, pero principalmente relacionado co mundo da pesca.

Para ir abrindo boca, imos facer un pequeno concurso:
¿Vedes a foto de cabeceira da páxina? Pois os que acertedes a especie do peixe, o río e a zona na que foi sacada a foto, entraredes no sorteo dun prototipo de risco fabricado polo "blogmaster". Ala, sorte a todos!